|
FEDÉRATE CON NÓS!¿Que ofrece amatega con respecto a outras federacións?
Ademáis de ser unha Federación nova, con novas inquietudes e novas metas ás que chegar, comezando dende abaixo e dándolle o impulso e a ilusión de persoas que queren un futuro mellor para o teatro amador galego sen estar por debaixo ou supeditado ao teatro profesional, senón que é outra mostra artística de xentes que non queren ou non se poden permitir ser profesionais e que aínda con poucos medios, poñen o seu esforzo, tempo e dedicación, para ofertar unhas actividades culturais sen contraprestación económica, porque disfrutan de iso e para que as persoas que asistan ás mesmas, tamén disfruten.
Estamos a crecer en número día a día e neste momento estamos a cursar máis incorporacións á Federación, o que significará un mellor funcionamento e máis posibilidades de conseguir un ámbito de cordialidade, asi coma de unha posición máis forte á hora de defender os nosos dereitos. |
This website uses marketing and tracking technologies. Opting out of this will opt you out of all cookies, except for those needed to run the website. Note that some products may not work as well without tracking cookies.
Opt Out of Cookies