QUEN SOMOS?
Somos unha Federacións formada por diversos membros do Teatro Amador Galego, dende Grupos Teatrais, Asociacións Culturais e outras entidades relacionadas co teatro amador en Galiza, que nos unimos para constituir a Federación de Teatro Amador Galego Amatega.
DESTE XEITO PENSAMOS
O Teatro Amador e unha das manifestacións
máis estendidas e arraigadas no panorama social e cultural de todos e cada un
das nosas vilas e cidades.
É difícil non atopar unha vila ou cidade, por pequena ou grande que sexa, na que non estea presente un grupo de teatro, aportando un traballo desinteresado e mantendo a testemuña cultural máis antiga de toda a historia da humanidade.
O valor non xa cultural, innato ao teatro, senón educativo e formativo, especialmente na infancia e na mocidade, como elemento de sociabilidade, aprendizaxe e entendemento entre os pobos e culturas, é un dos elementos que o teatro en si encerra e polo que é precisa a súa protección e difusión.
A maneira de sentir e de vivir as manifestacións escénicas, a súa difusión e recuperación entre as mesmas e a aprendizaxe de diferentes técnicas e simboloxías, lévanos a crear un lugar que sirva de punto de encontro, de achegamento e compresión entre as mesmas, esperando un frutífero intercambio de experiencias e ideas.
Dada a necesidade de organizar todo este riquísimo caudal cultural, coa intención de potenciar o grao de incidencia social e articular e coordinar as diferentes entidades teatrais, coñecer os sistemas de organización, intercambiar experiencias e acceder dunha forma organizada ás diferentes informacións relativas ao mundo do teatro e defender os intereses dos grupos de teatro amador é polo que é absolutamente necesaria a creación da FEDERACIÓN DE TEATRO AMADOR GALEGO “AMATEGA”

A EXISTENCIA DESTA FEDERACIÓN TEN OS SEGUINTES FINS:
- O fomento, desenvolvemento, difusión, defensa e evolución do teatro amador.
- Relacionar os membros do teatro amador no sentido máis amplo.
- Promover o intercambio de experiencias.
- O debate colectivo e a defensa en nome dos membros de teatro amador.
- Defender os intereses dos grupos ante as institucións e colectivos culturais.
- Estender o teatro como un fin en si mesmo achegándoo ao cidadán e aspirando a que os mozos atopen nel un vehículo de formación, educación e información.
- Ostentar a representación do teatro amador ante os organismos públicos e privados nacionais, da Unión Europea ou internacionais.
- Preservar os valores do teatro clásico e difundir as novas tendencias escénicas.
- Dignificar o teatro amador en todo o territorio estatal promovendo por parte das institucións a dotación de medios, infraestruturas e a difusión dos seus espectáculos.
- E os intereses que lle son propios.