A Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia Turismo de Galicia e Axencia
Galega de Industrias Culturais (AGADIC), poñen en marcha a terceira
edición de Cultura no Camiño 2015 para a Conmemoración do VIII centenario da
Peregrinación de San Francisco de Asís, unha programación cultural destinada
aos concellos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago e que se
desenvolverá entre o 15 de abril ao 30 de setembro.
Sen explicación alguna por parte dos anteditos organismos, na presente edición dos Circuitos Cultura no Camiño 2015, se EXCLUE da participación, ás Asociacións sen ánimo de lucro, deixando fora deste xeito a una gran parte do tecido cultural da sociedade galega, conformado por Grupos Teatrais, Musicais, de Danza, de Monicreques, de Circo, de Máxia e de Narración Oral.
As asociación sen ánimo de lucro conforman un amplo tecido cultural, respaldadas por un gran sector da cidadanía veñen realizando numerosas actividades culturais e artísticas de xeito altruista.
Deste xeito a propia Consellería prima e beneficia novamente nos seus presupostos as Compañías Profesionais, que son Empresas Privadas, que levan a maior parte do presuposto.
Tal e como se pode comprobar na anterior edición de Cultura no Camiño 2014, o programa sí estaba aberto á participación de entidades sen ánimo de lucro:
Enlace:
http://www.edu.xunta.es/web/node/11763
Por todo esto, SOLICITAMOSVOS o apoio a esta petición para que dende a Xunta de Galicia incorporen a dito programa novamente ás Asociacións sen ánimo de lucro e a os numerosos colectivos de carácter amador que as componen.