O pasado domingo tivo lugar a Asamblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Tearto Amador AMATEGA no Hotel Carrís Almirante de Ferrol.
Nela se trataron os distintos puntos do día relacionados co funcionamento do día a día da asociación coma a aprobación de contas do ano anterior ou as altas e baixas pendentes.
Tamén se trataron distintos aspectos relativos ás posibles actividades a realizar durante o 2019 ou as grandes posibilidades que ofrece a Confederación Española de Teatro Amateur ESCENAMATEUR da que Amatega forma parte, tales coma os intercambios, os Premios Juan Mayorga de las Artes Escénicas ou os Selos de Calidade para Festivais e Certames dos que Amatega posúe un, o Festival Internacional de Teatro Amador e Artes Escénicas ESTÉNARÚA, organizado por Ti e Máis Eu Teatro no Concello de Ferrol.
Da Asamble participaron activamente un grande número de asociados, que están a facer unha grande labor para a promoción do teatro amador en Galicia.