Reunión co asesor da Área de Cultura da Deputación de A Coruña D. Xavier Campos para tratar a situación do teatro amador na provincia e en Galicia en xeral. Acudiron D. Josefa Deibe Presidente de Amatega así coma D. Xulio Vázquez responsable de comunicación de Escenamateur e Dona Matilde Blanco por parte de Cardume Teatro
A Federación de Teatro Amador Galego AMATEGA ven de manter unha reunión o pasado mércores co Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias Fegamp D. Alfredo García para tratar o estado do teatro amateur en Galicia, o compromiso de impulsar medidas para apoialo como se recolle na ''Proposición no de Ley relativa al fomento del teatro amateur. (161/003634)
Presentado el 13/04/2015, calificado el 21/04/2015'' e na que se insta ao Governo a promover o teatro amador por medio da Federación Española de Municipios e Provincias. A dita reunión acudiron a Presidenta e o Secretario de AMATEGA Dona Josefa Deibe e D. Ramiro Sabín, e o encargado de comunicación de Escenamateur D. Xulio Vázquez. Reunión co Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia Don Anxo Lourenzo e a Presidenta e Secretario de Amatega Galicia D. Josefa Deibe e D. Ramiro Sabín e o Responsable de Comunicación de Escenamateur D. Xulio Vázquez para falar sobre o estado do teatro amateur galego en Galicia.
|
Autor
Federación de Teatro Amador Galega Amatega Archivos
Enero 2020
Categorías |