Dramaturgo y Director de escena. Doctor en Artes Escénicas por la Universitat Autònoma de Barcelona. Titulado Superior en Arte Dramático por el Institut del Teatre de Barcelona, en la especialidad de Dirección Escénica y Dramaturgia. Titulado en Interpretación por el ITAE de Asturias. Premio Álvaro Cunqueiro de la Xunta de Galicia. Ejerce la docencia en la Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Artigo de AFONSO BECERRA DE BECERREÁ (Becerreá, 1973) Director da Revista Galega de Teatro (Erregueté)
Dramaturgo y Director de escena. Doctor en Artes Escénicas por la Universitat Autònoma de Barcelona. Titulado Superior en Arte Dramático por el Institut del Teatre de Barcelona, en la especialidad de Dirección Escénica y Dramaturgia. Titulado en Interpretación por el ITAE de Asturias. Premio Álvaro Cunqueiro de la Xunta de Galicia. Ejerce la docencia en la Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
0 Comments
A Revista Galega de Teatro "ERREGUETÉ" ven de publicar a nova sobre o I CONGRESO DE TEATRO AMADOR GALEGO organizado pola Deputación de A Coruña e que conta coa colaboración da FEDERACIÓN DE TEATRO AMADOR GALEGO "AMATEGA"
A Deputación de A Coruña realizará unhas xornadas sobre a Cultura tras a pandemia, que contará con unhas xornadas en prol do teatro coa colaboración da Federación Galega de Teatro Amador AMATEGA
https://aculturaeundereito.gal/#Diagnose+e+necesidades+do+museo+local. https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2021/09/08/diputacion-promueve-jornadas-modelo-cultural-57062906.html AGARIMO TEATRO CONSIGUE O PREMIO Á MELLOR COMEDIA NO FESTIVAL MARTÍN ARJONA DO CONCELLO DE HERRERA4/4/2021 O grupo de Amatega Allegro Teatro alzouse co Premio á Mellor obra de comedia no XXII Festival de Teatro Martín Arjona do concello andaluz de Herrera.
A clausura do mesmo tivo lugar o pasado día 28 de marzo aínda que o festival corresponde ao ano 2020 e a súa clausura foi postergada no tempo debido a crise sanitaria do Coronavirus. Dende Amatega queremos felicitar a Allegro Teatro por este novo éxito acadado coa obra "Ñaque o de piojos y actores" O Bloque Nacionalista Galego realizou unha reunión na que tuvemos a oportunidade de ser partícipes e na que se abordou a problemática xerada pola COVID con respecto á cultura, e da que saiu un decálogo de propostas para a reactivación do sector. ![]()
O II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual concede o seu premio ao escritor e docente Fernando Castro Paredes coa obra Ofelia ou o cabeiro da cóbrega. O xurado, conformado pola directora teatral e programadora da sala Ingrávida (O Porriño) Irene Moreira; a dramaturga e directora da Erregueté, Vanesa Sotelo e o director teatral César No; salienta “o coidado uso da lingua galega e o artellamento dunha sólida carpintaría dramatúrxica neste novo achegamento ao mito de Hamlet desde a personaxe de Ofelia”. Así como “a recuperación da maxia para o teatro cunha riqueza de accións dramáticas que poden resultar moi estimulantes á hora de poñelas sobre as táboas, tanto para un equipo artístico como para o público”.
O primeiro premio foi para a compañía Gacela Teatro, de Pontevedra, pola súa obra Palabras encandeadas. En segundo lugar quedaron as representacións de Farándula Velutina, de Corcubión, de Papiroflexia e Solo teatro, de Ourense, con Da cor do leite. Por último, o terceiro posto será compartido entre La Barata, de Santiago, coa creación Solo de triángulo en Re, 2º movemento, 3ª parte. Allegro (pero non tanto) e Faísca Teatro, de Vigo, con O que che comentei mentras facías que durmías. O pasado sábado o Fórum Metropolitano de A Coruña acollía a representación da obra "La Comedia de las Ilusiones" gañadora e nominada en diversas categorías dos Premios Juan Mayorga Escenamateur das Artes Escéncias. O programa de intercambios de Escenamateur, é unha das maneiras que ten a Confederación de Teatro Amateur Española, da cal forma parte Amatega, de conseguir a difusión do teatro amador por toda a xeografía española, establecendo distintos intercambios que levarán a cabo entre Federacións das distintas Comunidades Autónomas e que no caso de Amatega, xa ten levado a grupos membros a distintas partes do noso país, tales coma Asturias e as Illas Baleares. Neste intercambio, será o Grupo de Teatro Cardume quen acuda a Asturias cunha das súas obras para realizar o intercambio. ![]() Manuel Galiana, actor madrileño de teatro, cine e televisión, será o homenaxeado na gala da VI Edición dos Premios Juan Mayorga Escenamateur das Artes Escénicas, que se celebrará en abril na Sala Berlanga de Madrid. O xurado dos Premios, destaca a súa traxectoria e defensa do teatro amador polo que nesta ocasión o premio recaerá na súa persoa, Manuel Galiana recibíu estudos na Escola de Cinematografía de Madrid, recibindo o Premio Extraordinario de Interpretación. A homenaxeada o ano pasado co mesmo galardón foi a tamén actriz Nuria Espert, + Info Este pasado martes a Xunta Directiva de Amatega coa súa Presidenta Dna. Josefa Deibe e o Secretario Ramiro Sabín, mantiveron unha reunión co Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo D. Cayetano Rodríguez Escudero co propósito de tratar a situación do teatro amador na cidade olívica e a súa área de influencia.
Os temas tratados constitúen un punto de partida para vindeiras conversas para a toma de medidas coa que poder darlle máis visibilidade ao teatro amador na cidade coma fonte de enriquecemento cultural e experiencial, así coma dinamizador da poboación da cidade. Esta reunión constitúes outro paso adiante nas relacións de Amatega coas Administracións de Galicia para a potenciación do teatro amador e o seu tecido asociativo como medio de espallar a cultura galega e o teatro en xeral polas distintas vilas da nosa terra. |
Autor
Federación de Teatro Amador Galega Amatega Archivos
octubre 2021
Categorías |